viernes, 7 de marzo de 2014

cosas curiosa do apato circulatorio

Vexamos que tan novidosos te parecen os seguintes datos:

·O corazón bombea o sangue con suficiente presión que podería esparexela fóra do corpo ata 10 metros de distancia.


·Un glóbulo vermello pode circundar o corpo enteiro en só 20 segundos.


·Nun ano, o corazón latexa en media unhas 40 millóns de veces, e durante toda a vida unhas 2000 millóns de veces.


·O corazón bombea en media uns 5 a 6 litros de sangue por minuto.


·O corazón é capaz de encher un depósito de 8000 litros se nela se acumula todo o sangue que bombea durante un día.


·A forza que desprega o corazón en todo un día é capaz de levantar unha tonelada a dez metros de altura.


·Cando se fai exercicio intenso, a frecuencia cardíaca elévase de 72 a case 200 latexos por minuto.


·O corazón dun feto latexa en media 140 a 160 veces por minuto.


·O primeiro transplante de corazón foi realizado o 3 de decembro de 1967 polo médico sudafricano Christian Barnard ao tendeiro Louis Washkansky.


·Os vasos sanguíneos máis grandes son: a arteria Aorta e as veas Cavas. Estes vasos teñen un diámetro de 2,5 centímetros.


·Se se xuntasen os vasos sanguíneos dun ser humano adulto polos seus extremos, estes medirían uns 100000 quilómetros, lonxitude abondo para rodear a Terra dúas veces e media.

·O seguinte vídeo complementará esta información:

miércoles, 22 de enero de 2014

EXERCICIOS

1. Que clases de células hai no sangue?

A) Glóbulos brancos, plaquetas, eritrocitos e hemacias.
B) Glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas.
C) Basicamente, os glóbulos vermellos, por iso o sangue é vermello
D) Neutrofitos, eritrocitos, trombocitos, plaquestas e glóbulos vermellos.

2. Que transporta o sangue?

A) fanta de limón
B) nutrientes e oxígenos
C) refugallos e osíxeno
D) nutrientes e dióxido de carbono

3. Que recolle o sangue?

A) fanta de laranxa
B) refugallos e osíxeno
C) osíxeno e dióxido de carbono
D) dióxido de carbono e refugallos

4. A función dos glóbulos vermello é, basicamente

A) defender o organismo
B) transportar osíxeno
C) transportar ferro
D) coagular o sangue

5. A función dos glóblos brancos é, basicamente

A) transportar osíxeno
B) coagular o sangue
C) defender o organismo
D) producir virus

6. A función das plaquetas é

A) coagular o sangue
B) producir plasma
C) transportar osíxeno
D) defender o organismo

7. Os vasos sanguíneos distribúen o sangue por todo o corpo. Hai tres tipos:

A) arteríolas, vénulas e capilares
B) arterias, veas e capilares
C) arteríolas, venulas e capilares
D) arterias, arteríolas e veas

8. Por que a parede das arterias é máis resistente e elástica que a das veas?

A) porque envían o sangue directamente do corazón e sae máis á présa
B) porque envian o sangue dende o corazón a todos os órganos e ten que manter a presión do sangue.
C) Non está comprobada esta afirmación.
D) porque reciben o sangue dos órganos cara ao corazón e teñen que manener a presión do sangue

9. As arterias posúen válvulas que impiden o retroceso do sangue.

A) verdadeiro
B) falso

10. As veas posúen válvulas que impiden o retroceso do sangue.

A) falso
B) verdadeiro

martes, 21 de enero de 2014

EXERCICIOS

Une con flechas:

Arteria      ·                                                      Intercambio

Vena         ·                                                     Contracción

Capilar     ·                                                      Relajación  

Corazón   ·                                                      Alta presión

Válvula     ·                                                      Bonba

Sístone     ·                                                      Comunicación                   

Diástole   ·                                                       Paredes delgadas